domingo, 30 de noviembre de 2014

Por qué vivo cansa?

Mentres que para moita xente durmir é perder o tempo, para min é unha das mellores cousas que hai!
A que se debe isto?
Ter un cansancio abundante día sí e día tamén, ou non telo, non é culpa nosa. O noso chamado reloxo biolóxico ou ciclo circadiano é o encargado de controlar as nosas horas de sono. Este ciclo está controlado pola liberación dunhas pequenas hormonas propias dunha glándula situada na metade do cerebro.
Esta pequena glandula comeza a liberar melatonina (hormona natural do corpo que controla o sono, tamén se sintetiza en laboratorios e é utilizada para o jetlag ou para tratar incapacidades de conciliar o sono) arredor das 9 da noite, cando comezamos a sentir sono. O nivel de melatonina mantense alto no corpo durante unhas 12 h., ata o medio día máis ou menos, e logo comeza a baixar. Se no momento no que imos a deitarnos os niveis desta hormona son baixos non importará o cansados que estemos, non seremos capaces de conciliar o sono.

Cada persona ten o seu propio reloxo biolóxico e este non se encontra sintonizado co ciclo de sono desa persona, polo que verdadeiramente non é culpa súa que teña sintomas de cansancio pola mañá.