sábado, 21 de marzo de 2015

Eclípse máxico en Galicia

Xa estaba previsto un eclipse para este 19 de marzo, a partir das oito da mañá visible en España. Pero a sorte desta vez dirixiuse a Galicia. Por extraño que poda parecer, fixo bo tempo nesta comunidade autónoma a diferenza das choivas e nubes no resto do país.

Por se non fose pouco, este eclipse acompáñase dunha Superlua ademáis de unhas grandiosas mareas vivas. 




miércoles, 18 de marzo de 2015

Amor = motivación

Recentes investigacións descubriron que o feito de namorarse produce alteracións no noso cerebro. Unha persoa que ten ese sentimento hacia alguén , posúe unha conexión maior entre as rexións do cerebro asociadas coa recompensa, a motivación, a regulación das nosas emocións e a cognición social.

Esta información obtúbose grazas a un estudo onde o equipo utilizou técnicas de neuroimaxe. Para levar a cabo este estudo, os investigadores utilizaron a unha gran cantidade de universitarios divididos en tres grupos: os namorados, os que deixaran de estalo e os solteiros.
As persoas namoradas tiñan unha maior actividade cerebral nalgunhas zonas do córtex, a diferencia do grupo de persoas que deixaran de estar namorados.

miércoles, 4 de marzo de 2015

Vía Láctea, infinidade?

Recentemente demostrouse que a Vía Láctea é moito máis extensa do que levamos crendo durante moitos anos. Ata un 50% máis do calculado, chegando ao punto de alcanzar os 150.000 anos luz de diámetro.
Ata o de agora pensábase que a galaxia era un cúmulo de estrelas nun plano chan, pero o que se descubriu é que ten unha forma ondulada. A mesma que produce unha pedra cando é tirada nunha lagoa.