sábado, 28 de febrero de 2015

(Non)-adictos

Vivimos nunha sociedade rodeada de tentacions e malos vicios, pero pasamos por alto outros perigos máis cercanos.
As novas tecnoloxías adáptanse ás nosas vidas con facilidade. Os tempos cambian e evolucionan e agora ata os máis novos se relacionan con telefonos móviles, tablets, ordenadores, etc. dun xeito demasiado familiarizado.
Hoxe en día costa ver a persoas que se despracen sen o móvil ao lado. Temos que aceptar as vantaxes que nos aportan, pero en que momento pasamos da utilidade do móvil á necesidade de telo seguido?
Máis que unha entrada sobre noticias actuais sobre ciencia, é unha opinión persoal dun hábito que deberíamos erradicar.
Ir a un bar a tomar algo con vellos amigos e non soltar o móvil, que significado ten? De que maneira aproveitamos o tempo?
Cada vez as novas tecnoloxías avanzan máis de présa e as persoas comezamos a úsalas cada vez máis xovenes.

Cando era pequena xogaba ás barbies, ou cos meus amigos ao escondite, facíamos carreiras, etc. , e agora verdadeiramente apéname ver nenos que non cumpliron nin a decena e xa levan teléfonos pegados ás mans.
Non nos damos conta da gravidade que supón, unha adicción é unha adicción, unha necesidade de facer algo, e conleva a mesma seriedade que un alcoholismo, unha adicción ao tabaco, etc. pero as persoas non sabemos velo cos mesmos ollos.