miércoles, 18 de marzo de 2015

Amor = motivación

Recentes investigacións descubriron que o feito de namorarse produce alteracións no noso cerebro. Unha persoa que ten ese sentimento hacia alguén , posúe unha conexión maior entre as rexións do cerebro asociadas coa recompensa, a motivación, a regulación das nosas emocións e a cognición social.

Esta información obtúbose grazas a un estudo onde o equipo utilizou técnicas de neuroimaxe. Para levar a cabo este estudo, os investigadores utilizaron a unha gran cantidade de universitarios divididos en tres grupos: os namorados, os que deixaran de estalo e os solteiros.
As persoas namoradas tiñan unha maior actividade cerebral nalgunhas zonas do córtex, a diferencia do grupo de persoas que deixaran de estar namorados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario